luns, 18 de agosto de 2014

Presentación

I BTT DESCENSO

CIDADE DE TUI



O C.C. Tribu del Ñu organiza coa colaboración do EXCMO. Concello de Tui a súa  primeira prova de BTT-DESCENSO no Monte Aloia ( Dirixirse as coordenadas indicadas no apartado de localización ).

A  proba se levará acabo o 6 e 7 de setembro de este ano, dándose cita este fin de semana  sobre un centenar de pilotos de toda Galicia e norte de Portugal, das categorías Elite, Sub-23, Júnior, Cadete, M-30, M-40, Féminas e Promoción.

A proba será a unha soa manga final, sendo a primeira a clasificatoria que dará o orde de saída para a segunda.

Entre os corredores se sorteará un casco BELL TRANSFER 9 e se rifará unha bicicleta GHOST 4X COMP e unha tablet HP SLATE 10 HD.



ÓNDE DURMIR


Dispomos dun pabellón situado a 2 minutos andando dende a meta do circuito no que se poderá durmir e ducharse de maneira gratuita ( Se aconsella levar sacos de durmir e alfombrilla ).

Se buscas un Hostal onde durmir, recomendamos o  Cruceiro do Monte, situado a 3 Km da meta do circuito aproximadamente.

LOCALIZACIÓN

A continuación presentamos o mapa cos  puntos de interese para pilotos e público:







As coordenadas para acceder a zona de saída son 42.079324, -8.674446   e as de meta e boxxes 42.073746, -8.660104


HORARIOS DA PROBA

  O sábado día 6 haberá remontes oficiais dende as 12:00h ata as 14:00h, e de 15:30h ata as 19:00h.


  O domingo día 7, os remontes oficiais serán de 10:00H a 13:30h, dando comezo a primeira manga as 15:30h e a segunda manga as 17:00h.